Logo de la empresa

A Ruta da Pedra e da Auga da Armenteira: Verde, auga e pedra

Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés Nº 1

Coas seguintes tres palabras poderiase resumir á perfección a ruta de sendeirismo que imos describir:
A Ruta da Pedra e da Auga da Armenteira: Verde, auga e pedra

Coas seguintes tres palabras poderiase resumir á perfección a ruta de sendeirismo que imos describir: verde, auga e pedra. Uns coñecerana por ser o camiño que se percorría tradicionalmente o tradicionalmente o luns de Pascua hacia un mosteiro do século XII. Outros por formar parte da segunda etapa da Variante Espiritual do Camiño Portugués.
Mentres que algúns máis, sobre todo de fóra de Galicia, souberon dela por ser a tradicional ruta pola que pasea o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, nas visitas á súa terra natal.

En efecto, falamos da “Ruta da pedra e da auga”, un belísimo percorrido de 6,5 quilómetros que discurre polas marxes do río Armenteira no seu paso polos concellos de Ribadumia e Meis, na comarca do Salnés.
Segundo a Federación Galega de Montañismo conta un desnivel de 257 metros, o que fai que sexa una ruta cun camiño de dificultade media-baixa.

Esta ruta iníciase a carón da Oficina Municipal de Turismo de Ribadumia, situada na rotonda de Barrantes da vía rápida de O Salnés. Tras desfrutar dunha incrible paisaxe caracterizada polo correr do río, a cor verde intensa da vexetación que te rodea e os muiños de pedra que asoman entre a espesura, chega o fin da ruta, no Mosteiro da Armenteira.

Este traxecto está dividido en tres tramos. O primeiro deles coñécese como a Ruta dos Muiños de Barrantes (dende o inicio ata a rotonda da PO – 9405, á saída da AG -41). A continuación está a Ruta dos Muiños de Meis, (dende a rotonda da PO – 9405 ata a Aldea Labrega), para finalizar coa Ruta de Sendeirismo do río Armenteira (dende a Aldea Labrega ata o Mosteiro).

Os tramos 1 e 2 están rematados tras ser rehabilitados por diferentes Obradoiros de Emprego dos concellos de Meis e Ribadumia, mentres que o tramo 3 conta coa senda e hai sinalización, aínda que están previstas diferentes accións de rehabilitación de varios dos muíños situados nela.
Ademais dos traballos realizados polos Obradoiros de Emprego, a través do Proxecto Pousadas desbrozáronse e limpiáronse os primeiros tramos e construiuse a senda do terceiro, procedendo á limpeza do entorno.

Ao longo de todo o percorrido, o camiñante vai atopándose diferentes muiños restaurados nos que tradicionalmente se moía maíz, centeno, trigo e avena.
Apeculiaridade neste caso é que todos eles son muiños de auga, polo que, aproveitando a forza do río ao pasar por debaixo da construcción, movía as aspas, facendo que xirase a pedra coa que se moe para converter o gran en fariña.

A ruta conta cun total de 51 muíños, dos cales máis dunha decena foron rehabilitados. O primeiro que se cruza no noso camino, “O Muíño de Chantada”, serve tamén como Centro de Interpretación dos Muiños, encadrado na rede cultural galaico-portuguesa. Neste edificio, o visitante poderá descubrir as partes e o funcionamento dun muíño coa forza da auga do río a través dunha exposición de paneis informativos.

Estas construcción adoitan ser de pequenas dimensións, entre 6 ou 7 por 4,5 metros, paredes dobres, unha cuberta, e un oco para a porta de entrada.
Moitos destes muíños contan co que se coñece como “pousadoiro”, unha pedra colocada no muro ao lado da porta, que servía para apoiar os sacos

Os muíños están agrupados en dous tramos: os de Barrantes e os de Meis. Os primeiros contan con 6 muiños restaurados: o de Chantada, o de O Con, o de Rivas, o de A Ponte dos Carros, Leiro e Quintáns.

Ao finalizar este traxecto de pouco máis dun kilómetro, adentrámonos no concello de Meis, onde nos iremos atopando os muíños restantes. Chegados a este punto, é parada obrigatoria a “Aldea Labrega”. A pesares de ter que desviarnos un pouquiño do sendeiro paga a pena ver esta representación en granito, realizada pola Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra.
Nela, plásmanse esceas da vida rural galega de principios do século XX con representación de todos os elementos tradicionais, como unha capela, un cruceiro, un hórreo, unha cociña de pedra, un reloxo de sol, animais, figuras humanas traballando, etc.

 

"Toda unha ruta chea de historia e lendas"

Ata aquí o percorrido por esta “Ruta da pedra e da auga” non ten maior complicación. Pero despois de ver a “Aldea Labrega” comeza a aumentar a dificultade pero tamén a súa beleza paisaxística. De amplos camiños sen apenas subidas e con constantes cambios na paisaxe, toca adentrarse na natureza en estado puro. O obxectivo é chegar ata o Mosteiro da Armenteira e para elo é preciso comezar a subir.

A subir por pequenos sendeiros (ás veces sen sinalización) ou a través de camiños de rocas pero sempre co río á man dereita. As frondosas árbores non permiten ver o ceo, pero destaca a súa cor verde: cun día soleado destaca o brillo das súas follas e a forma en que a luz entra a través delas.

A través do traxecto, pódese comprobar coma todos os muíños contan cunha placa informativa co nome. Algúns deles teñen un difícil ou imposible acceso debido á vexetación, pero en moitos outros pódese acceder e comprobar de primeira man como sería traballar nun muíño de auga.

Pero non só de muíños vive esta ruta, aínda que sexa un dos elementos principais. Ademáis disto, esta ruta conta con dous lavadoiros onde a xente acudía a lavar as súas prendas de roupa: o de A Ponte dos Carros (na Ruta dos muíños de Barrantes), que é muíño e lavadoiro; e o de A Barcia (na Ruta dos muíños de Meis). A pesar de que a meirande parte do percorrido de subida se fai co río a man dereita, a ruta crúza ao outro lado en varias ocasións xa que conta con varias pontes de pedra e madeira. Cabe destacar tamén un elemento interesante coma o petroglifo situado no chan ao lado do Muíño do Con.

Tras estos kilómetros finais de subida cun maior nivel de dificultade, chegase así á Armenteira. Só escasos metros nos separan do punto final desta ruta: o Mosteiro da Armenteira. Camíñase así xa por un sendeiro máis amplo e descuberto, sen tanta vexetación, para chegar ata o interesante punto cultural da ruta.

 

O Mosteiro é de estilo románico e destaca del a súa igrexa e o claustro. O nome deste mosteiro apareceu por primeira vez nos documentos oficiais da Orde Cisterciense no ano 1162. Hacia o ano 1523 incorporouse a reforma introducida pola Congregación de Castilla e a desamortización obrigou aos monxes a abandonar o cenobio no 1873. A partir de aquí os edificios foron desmoronándose ata que Carlos Valle – Inclán (fillo do escritor), chegou alí buscando o lugar que inspirara ao seu pai en “Aromas de Leyenda”. Decidiu reconstruir o mosteiro e, cun grupo de amigos, fundou a asociación “Amigos de Armenteira”, permitindo que un grupo de monxas de Navarra restauraran a vida cistercense.

Toda unha ruta chea de historia, lendas e elementos agrícolas do noso pasado que permiten entender e coñecer o seu modo de vida e poder desfrutar actualmente dunha incríble camiñata polo corazón da natureza chea de sorpresas.


Anunciantes en el número actual la revista eSmás:


Scroll to Top