Redacción revista eSmás | Revista eSmás Vilagarcía Nº 23
Para falar da fundación do Club San Martín temos que remontarnos ao ano 1947 foi cando desapareceu o Club Fortuna
Para falar da fundación do Club San Martín temos que remontarnos ao ano 1931, cando se funda o Club Fortuna (malia que non temos datos fidedignos da súa fundación, xa que as referencias que se poden atopar son moi escasas). Ao desaparecer este equipo en 1947 foi cando xurdiu o San Martín, que garda un profundo paralelismo con Fortuna. De tal forma, ambos os dous clubs teñen unha continuidade máis que unha separación, ou sexa, que o primeiro foi o embrión do actual club.
En 1947, na barbería de Ezequiel (sita na antiga Calle Nova, hoxe Vázquez Leis) xuntábanse uns mozos para tratar de organizar un club, cunha idea de Francisco Montenegro, máis coñecido como “Paco o Rabelo”. Entre moitos deste mozos que logo foron xogadores atopábanse Manolo Cores “Chocolate”, Luís Cardalda, Esteban Cardalda, Juan “o Boleiro”, “Farruco”, “Pituso”… E podemos considerar sempre como o verdadeiro fundador e primeiro Presidente a Francisco Montenegro (“Paco o Rabelo”). Desde o club consideran que sempre destacou con luz propia e foi a “alma máter” deste club e, por iso, dedicáronlle unha placa conmemorativa.
Estes mozos xogaban na Illa de Arousa, en Rianxo, en Portonovo ou no Grove, entre outros lugares, sen estar federados. Iso cambiou cando en 1952 fixeron a inscrición no Comité Comarcal de Vilagarcía e foron admitidos para xogar no campionato da liga Rías Baixas. Así foi como comezou esa andaina, sendo o seu primeiro debut o 6 de abril de 1952 no campo da Lomba contra o Vilagarcía, cun resultado de vitoria do San Martín de 1-2.
Neste tempo os directivos do Club Arosa prestaron un labor moi importante con achega de material sempre que fose necesario, xa que nos principios a formación tiña moitos problemas: cómpre lembrar que eran os anos da fame. No correr dos anos xogou en Preferente e, desde a temporada 1980-81, disputou en terceira división, ata a temporada 1986-87.
Anécdotas hainas a moreas, pois naqueles anos de penurias tamén había alegrías, aseguran, principalmente ao atravesar a Ría con cantarelas e outras brincadeiras que facían moito máis levadío un domingo de fútbol. Por exemplo: vindo da Pobra do Caramiñal a finais dos anos 50, un xogador que foi mestre e poeta, Víctor Castro (que logo xogou no Arosa S.C.) escribiu un poema ao Club no barco, texto que está recollido nun libro que editara. Ou, outra, cando na súa fundación ante as grandes dificultades polas que estaba pasando (tanto economicamente como por falta de materiais) un xogador saíu ao campo de xogo coas dúas botas dun mesmo pé.
Moi pouco quedou documentado no Club San Martín para facer unha boa pescuda. Entre ese pouco e o falar con algúns xogadores daquela época (dos que poucos quedan xa), desde o club aseguran que é un bo comezo para tratar de que alguén poida seguir a pescuda dun xeito moito máis profundo. Así, poderase facer un traballo monográfico da intrahistoria do fútbol en Vilaxoán centrada nos Clubs Fortuna e San Martín, para que as novas xeracións teñan unha referencia.
Na presente temporada o club atópase inmerso nunha profunda crise económica, na que as débedas contraídas na pasada campaña provocaron a dimisión do anterior presidente. Tras iso, colleron as rendas do club dous ilustres do San Martín C.F. como son Ramón Mariño, como presidente (xa o fora nos 90) e Tuco Renda (que acumula máis de 30 anos na anterior etapa do club). A procura de patrocinio foi clave nestes primeiros meses, para poder iniciar a temporada, pero sen deixar de traballar coa base que o compón: dous equipos de prebenxamíns, un de benxamíns, un de alevín fútbol-8 e outro de alevín fútbol-11, un infantil, un cadete, un xuvenil e ademais un sénior que, esta temporada, compite en primeira división galega.
Xestionar un grupo de 165 deportistas con idades entre os 5 e os 31 anos leva consigo moito. O obxectivo nestas datas desde o punto de vista económico é volver á estabilidade de hai dous anos e, desde o punto deportivo, manter o equipo sénior e lograr o ascenso dos xuvenís, cadetes e infantís. Tamén buscan aumentar a masa de socios e consolidar a base aumentando o número de deportistas.
O club adoita organizar torneos base ao comezo da temporada e, no verán, levan dous anos organizando o ‘Campus do San Martín’, con máis de 200 nenas e nenos este ano. Durante as mañás, a rapazada desfruta con actividades dirixidas por profesionais do sector: zumba, crossfit, baloncesto, inglés ou capoeira, e tamén asisten a charlas e demostracións de canicross, marisqueo ou primeiros auxilios. Ademais, organizan rutas de sendeirismo pola Ruta da Pedra e da Auga, visitan un picadeiro de cabalos, van á praia, conducen karts… E no propio campo municipal de Vilaxoán teñen piscinas e material para multideporte: bádminton, baloncesto, rugby, fútbol e tenis. Debido a esta gran demanda, este ano amplían o campus e ofrecen unha nova quenda durante o Nadal.
Para atopar todas as novidades do club, pódeste manter ao tanto a través da súa páxina de Facebook, “San Martín CF Vilaxoán”.
Burbuja Blanca Lavandería, con zona de espera para niños y máquina de café y snacks. Av. de cambados, 253 Vilaxoan
Huevos estrellados, hamburguesas, para picotear, sandwiches, ensaladas, crepes, carnes, tostas y woks
Almacén de Maderas - Suministros para carpintería y bricolaje. Polígono Ind. Bamio. Telf: 986 50 84 44. | Venta al Púbico : Avd. Valle Inclán, 11 - Vilagarcía. Telf: 985 50 19 20
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Seguros de coche, hogar, vida o salud. Roberto Pedreira Cendón, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986566694 E-mail: ropedre@mapfre.com - Visita nuestra web
Clínica Dental Doctor Tourón. Garantizamos nuestro trabajo. Av. Juan Carlos I, 27. Vilagarcía. Telf: 886 293 360
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - https://afytasesores.com/
Servicio de autocares con amplia trayectoria en el sector. Rúa Patiño, 19 - P.Ind. Trabanca - Vilagarcía. Telf: 986 50 10 27 E-mail:empresa@pereirasl.com Visita nuestra web
Especializados en el desarrollo del negocio de nuestros clientes. Avda. Vilariño nº16 Bajo, Cambados. Telf: 986 520 366 E-mail: info@canedaychamosa.comVisita nuestra web
QUIM DA VENDA; Blog de Agroecología, alimentación, neuropaatia, etc. - - https://www.quimdavenda.com/