Logo de la empresa

Grupo Malveiras - Danza -

Redacción revista eSmás | Revista eSmás Vilagarcía Nº 17

Malveiras naceu en 1993 en Carril e conta hoxe en día con 35 membros
Grupo Malveiras  - Danza -




 

Malveiras naceu en 1993 en Carril e conta hoxe en día con 35 membros (entre pandeireteiros, gaiteiros, bailaríns e “furtivos”) que pretenden recuperar e difundir o folclore a través da investigación polas vilas e aldeas de Galicia, ademais da exhibición de música e baile tanto dentro como fóra do territorio nacional. Muiñeiras, regueifas, jotas… Nada está fóra do seu alcance. Na súa escola forman a arredor de 50 cativas e cativos en gaita, baile e pandeireta, coa colaboración do Gato Negro carrilexo. Recollen o seu repertorio de distintos lugares de Galicia, coas características que o definen en baile como en vestiario e cancións empregando o seu traxe correspondente para cada tipo de baile , sempre dentro dos vestiarios tradicionais. Adoitan colaborar co Concello de Vilagarcía actuando nas distintas festas da vila promovendo encontros para que outras formacións se xunten para poñer en valor o noso folclore nacional. Están considerados como mellor grupo folclore en distintos concursos arredor de Galicia e tamén na TVG (nominados) e Telesalnés

 

                                                                                                                                                                                        O grupo actuando no Encontro Folclórico Malveiras


 


Anunciantes en el número actual la revista eSmás:


Scroll to Top