Logo de la empresa

Literatura -Sabela Muñiz-

Redacción revista eSmás | Revista eSmás Vilagarcía Nº 12

Navegando entre os mundos da arte, as ciencias, as letras e as novas tecnoloxías
Literatura -Sabela Muñiz-

Leva toda a vida navegando entre os mundos da arte, as ciencias, as letras e as novas tecnoloxías grazas a unha ampla e complexa formación promovida dende cativa.

Tras afianzar un público coas suas novelas negras de ficción, “Las puertas del Alma” (Ed. Cardeñoso, 2010) e “A porta de Europa” (Ed. Redelibros, 2013), grazas ó seu peculiar método creativo no que realidade e ficción se mesturan de xeito que é difícil diferencialas; e nas que acción, misterio e suspense xeran un efecto de aditivo. Decideu dar o salto á realidade creando micromundosliterarios.com, sensacións, sentimentos e reflexións que cobran vida a través das palabras e que xorden das vivencias e coñecementos adquiridos ó longo dos últimos años.

Na actualidade compaxina as suas publicacións en Micromundos Literarios coa creación da sua terceira novela.
 

Fragmento de “A porta de Europa”:

Empurrárona de costas contra a parede e colocáronse fronte a ela para impedirlle a fuxida mentres lle tapaban a boca cunha man. Sentía nas costas o frío dos xélidos azulexos das paredes do portal, a pel púxoselle de galiña, mais non sabería dicir se era pola friaxe ou polo medo. Pechou os ollos. Non quería verlle a cara ó seu agresor porque non quería que el fose o seu último recordo. A morte non lle daba medo e se aquel era o seu momento estaba preparada, só desexaba que non fose doloroso. Tomou aire e agardou.

 

Anunciantes en el número actual la revista eSmás:


Scroll to Top