Poesía -Antón Blanco Casás-
Instagram: @acasadecharnel
Non sabería dicir cando comezou realmente o seu interese pola poesía, pero as Letras Galegas dedicadas a Lois Pereiro, en 2011, foron determinantes para descubrires unha tradición poética allea ás institucións que conectou con el e o fixo escribir con máis seriedade.
Recoñece o seu estilo no espectro ideolóxico da poesía de Méndez Ferrín, no que se desenvolveu a corrente post-sublime dos 90, e fuxe de calquera entendemento co sentimentalismo romántico.
Gañou premios con poemas soltos, entre eles o Minerva, e publicou nas revistas Dorna e Grial e varios fanzines. Vén de publicar o seu primeiro libro, “A oseira”, estreando a colección da editorial Chan da Pólvora, e pensa seguir escribindo ata que considere que non ten nada máis que contar.
O corpo da nai revélase no seu volume:
deixaba marcas de coloración
(…) ton corps de chair / ton corps
de viande
presto a pingar desde cruces ou tumultos
porque escapa da forma (...)
Buscamos a nai. Pero atópana outros finalmente
manchando a area nun campo de mapoulas.
Ata entón tiñamos o xeito nas mans
para retratala morta
e deixar o lenzo á vista.
Ela podería levar meses xacendo
nos campos do Somme
co levísimo baile dos que aboian un día de luz.
(…) úlceras no colo / os membros
en pías
(…) ninguén cre.
Scroll to Top