Xermán Torres | revista eSmás Vilagarcía Nº43 Invierno 2023
Relato Corto
Nuns ceos xa pasados porque a vida cambia como os ceos, cando eu era un neno gustábame contemplar o ceo limpo e claro nas noitiñas de agosto, mentres a miña querida e lembrada avoa María lavaba a roupa no lavadoiro, preto do fermoso río Umia, o río da miña nenez, moi troiteiro daquela. Naqueles ceos xa pasados, xa idos, as estrelas mudaban ao igual que as xentes, moitas xa non están, igual que moitas persoas; pero, vémolas, igual que sentimos as presencias de seres queridos xa idos.
Eu miraba cara o alto e contemplaba estrelas e constelacións das que non sabía os nomes, mais gozaba co escintilar das estrelas, de distinta luminosidade, todas como puntiños brillantes, algúns un pouco máis grandes ca outros. A inmensidade do universo, como un grande océano, sementado de pequenos e luminosos illotes. Para min era abraiante daquela e sígueo a ser hoxe. Que misterios, que historias agochaba o firmamento! A miña mente infantil soñaba, maxinaba...; aquelo era algo impresionante.
- Meu netiño, que fas? Que miras aló no alto?
- Avoa, miro para as estrelas.
- Pois, non mires tanto, cada estrela que mires, pódese converter nunha espulla. E non quererás ter o corpo cheo de espullas?
Así coutaba a miña avoa a miña contemplación, as miñas observacións celestes e hoxe teño o corpo poboado de lunares.
Tamén nos tempos de picariño ía cos meus avós a recoller piñas e gharabullos no monte preto de San Clemente e de San Andrés de Cesar. Volviamos á noitiña e eu seguía coa miña teima de mirar cara o alto. (“Mira cara o alto Hanna, mira cara o alto”). Un día en que regresabamos do monte, despois do solpor, os adultos con cadanseu feixe de gharabullos e bolsas de piñas, había unha extraordinaria lúa chea de agosto, enorme, dunha intensa cor amarela, semellaba que a grande lúa estaba a nos ollar e nos seguía, era algo que impresionaba aos ollos atónitos dun meniño, a grande e luminosa lúa alumeaba o noso camiño e viña con nós, parecía que agarimosamente nos sorría e nos protexía no noso camiñar en doce compaña. Eu miraba abraiado cos meus ollos de neno aquel precioso espectáculo, vía nela os seus ollos e a súa boca que alegre nos sorría, é algo que aínda hoxe, pasadas moitas lúas, non esquecín.
E boto de menos, dos meus tempos da dourada infancia, non poder ver tan clara e luminosa a Vía Láctea ao ollar cara o Xiabre naqueles meses de agosto pasados co ceo limpo e claro, no que poder contemplar o Campo das Estrelas e dos planetas, que agora non podo ver igual, quedou atrás, lúas atrás, ceos atrás a maxia da nenez e a claridade dos ceos.
Mais sigo a mirar cara o alto, “mira cara o alto”, en vez de espullas teño pequenas lúas poboando todo o meu corpo... e polo menos nada me impide soñar.
Autor Xermán Torres.
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Peluquería de señora, caballero y niños. Todo tipo de tratamientos y servicios para eventos con productos de la mejor calidad. - C/ Castor Sánchez nº18, Vilagarcía. Telf: 986 189 992 Facebook Tijeras de diseño
Especialista en acupuntura veterinaria y fitoterapia. Avda Juan Carlos I nº15, Vilagarcía. Telf: 986 502 200 Movil: 607 45 39 04Visita nuestra web
Esther Balsa. Gabinete Pedagógico y Educativo - c: esther.balsa@gmail.com. Tlf: 986 50 80 02 - 640 792 983
Diseño e Interiorismo. Plaza de Galicia nº19 5º, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986 509 006 | 670 517 181 E-mail: jorge@jorgejimenezinteriorismo.es
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Seguros de coche, hogar, vida o salud. Roberto Pedreira Cendón, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986566694 E-mail: ropedre@mapfre.com - Visita nuestra web
Venta de equipos - Consumibles - Teléfonos Móviles - Tablets Avda. Juan Carlos I, 17 Telf: 986 18 62 49 Visita nuestra web
Giraldo Policlínica Dental. Si sonríes el mundo entero sonríe contigo. Plaza de Galicia, 8-4º. Vilagarcía. Telf: 986 512 424 Clínica Giraldo
Tapería Vinoteca Rúa Mendez Nuñez, 30 - Vilagarcía- reservas: 986 186 966 - 649 090 170 Siguenos en facebook